Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

Comentario "Dejen de fingir que la inteligencia artificial no va a destruir el trabajo" Daniel Antón Baamonde

        Dende o meu punto de vista, alarmarse polos avances alcanzados en canto a IA, alegando que esta nos vai rouba-lo traballo aos seres humanos, é un acto exaxerado, proveniente dunhas premisas demasiado fantasiosas.     Aínda que é verdade que multitude de oficios que requiran un traballo mecánico desaparecerán, o mantemento destes dispositivos, ademais do seu deseño e aplicación, rexenerarán estes postos. Por outra parte, as máquinas nunca substituirán completamente aos seres humanos, xa que lles falta, valga a redundancia, a humanidade, a razón, iso que separa ao home, do resto de especies deste planeta. Unha máquina nunca será quen de facer unha sinfonía,  preguntarse o porqué da súa existencia, ou debater que é ético ou o que non o é. Con isto quero dicir, que máis que unha desaparición de postos de traballo, estes tranformaranse en outros novos.     Seguindo por esta liña, penso que a IA, máis que o remprazo da humanidade, é unha ferramenta que nos levará máis lonxe d