Comentario "Dejen de fingir que la inteligencia artificial no va a destruir el trabajo" Daniel Antón Baamonde

        Dende o meu punto de vista, alarmarse polos avances alcanzados en canto a IA, alegando que esta nos vai rouba-lo traballo aos seres humanos, é un acto exaxerado, proveniente dunhas premisas demasiado fantasiosas.

    Aínda que é verdade que multitude de oficios que requiran un traballo mecánico desaparecerán, o mantemento destes dispositivos, ademais do seu deseño e aplicación, rexenerarán estes postos. Por outra parte, as máquinas nunca substituirán completamente aos seres humanos, xa que lles falta, valga a redundancia, a humanidade, a razón, iso que separa ao home, do resto de especies deste planeta. Unha máquina nunca será quen de facer unha sinfonía,  preguntarse o porqué da súa existencia, ou debater que é ético ou o que non o é. Con isto quero dicir, que máis que unha desaparición de postos de traballo, estes tranformaranse en outros novos.

    Seguindo por esta liña, penso que a IA, máis que o remprazo da humanidade, é unha ferramenta que nos levará máis lonxe do que agora sexamos capaces de imaxinar, nos axudará a resolver grandes problemas que os científicos teñen sobre a mesa nestes momentos, é levará a nosa civilización ata o seguinte nivel na escala tecnolóxica.

    Volvendo á opinión dos que din que hai que ter coidado con esta innovación, ou directamente a rexeitan, recórdanme un pouco ao movemento ludista, dos orixes do movemento obreiro, cando a maquinaria das fábricas era destruída. Co tempo, os obreiros déronse conta de que as máquinas non eran o seu inimigo, se non quen as manexaba, é con isto debería pasar mais ou menos o mesmo.

    Os encargados do control e desenvolvemento desta tecnoloxía, deben facer un bo uso dela, e dos datos que se manexan para o seu avance (rexistro facial, de voz, etc…); e isto é algo debe esixirse universalmente a estes individuos, polo ven da preservación da privacidade, e os dereitos fundamentais, que tan pouco se defenden nos nosos tempos.

Comentarios

Publicar un comentario

Máis destacado

Test de accesibilidade e usabilidade